Programa XII Encontro Artes Pola Integración da cidade de A Coruña
VENRES 1 SETEMBRO
Xardíns de Mendez Nunez
19:00 horas
PRESENTACIÓN DO FESTIVAL
Mostra da peza “O meu lugar!”
Dirixida por Rebeca Ponte e Carlota Pérez para o Concello de Santiago.
Axuda de dramaturxia: Victor Duplá e Maria Vazquez
20:00 horas
Experimenta danza
Tuétano “Tempo de soñar”
A peza fala de todas esas carencias e potencialidades sen desenvolver que, se sabemos
transformalas, fannos moi fortes e traspasan todas as barreiras da nosa inspiración.
21:00 horas
Mordiendo la verdad
Mordiendo la verdad 2.0, é un canto á memoria e á música non escrita: As nanas preservadas nos
labios selados das nosas ancentras. O dolor non nombrado que sen embargo fixo á carne e cincela
dia a día as formas dos nosos corpos e a nosa vida.
22:00 horas
Encontro de videodanzas e diversidade
Proxectos de linguaxe audiovisual desenvolvidos en colaboración co Fiver Festival e coa asociación Berde.
SÁBADO 2 SETEMBRO
Centro Ágora
16:00 horas
Inauguración Expo AMOCIDADE CREA
Proxecto realizado en colaboración con SacraExperience que, logo de dous anos de obradoiros e
formación e creación con xente nova, dá lugar a unha exposición que se inaugura na Casa da Xuventude
de Lugo, pasando pola escola de formación Anxel Casal e o Pazo de Tor.
16:40 a 20:00 horas
ASAMBLEA DIVERSA XORNADA SAÚDE E MUSEOS
Coordinación da xornada: Rebeca Ponte
POÑENTES:
Rebeca Ponte: Especialista en Artes Terapéuticas
Juan García Sandoval: Conservador de Museos da Comunidade Autónoma da Región de Murcia. Karen Lund Orbeta: Arteterapeuta especialista en Arte y Museos.
Encarna Lago: Xerente da RedE Museística Provincial de Lugo.
Doutora Alexandra Gerstain: Curadora de Escultura e Artes Decorativas do CourtLaud Museum de Londres.
Peche da Xornada Taller Experiencial
20:00 horas
Yurdance “The Sound of the Void”
“The Sound of the Void” tenta crear preguntas no público, convida á auto indagación e pon en aberto cuestións que nos afectan a todos como a fraxilidade humana e a impermanencia da vida.
Como ocupar o baleiro? Existe algo permanente?
20:30 horas
Basket Beat: movemento, arte, educación e acción social
Josep M. Aragay Borràs
Basket Beat é unha metodoloxía que utiliza a pelota de baloncesto, o corpo e o xogo para acceder a experiencias artísticas de calidade e adestrar habilidades para a vida cunha mirada crítica de transformación social.
DOMINGO 3 SETEMBRO
Praza da Constitución
17:00 horas
Recepción de público
17:00-20:00 horas
Concurso de pezas para a comunidade
Convocatoria aberta para creadores dun mínimo de dous e un máximo de catro intérpretes de propostas de danza, música e teatro que aglutinen persoas con e sen diversidade. Cunha duración máxima de 15 minutos, un xurado de expertos seleccionará dúas pezas que recibirán 500 euros cada unha e unha peza que será a gañadora do premio do público que estará presente durante o certame. Para o concurso seleccionaranse un máximo de 10 pezas e tres delas serán gañadoras.
Máis info sobre Artistas e Obras
Praza da Constitución
Concurso de pezas para a comunidade Convocatoria aberta para creadores dun mínimo de dous e un máximo de catro intérpretes de propostas de danza, música e teatro que aglutinen persoas con e sen diversidade. Cunha duración máxima de 15 minutos, un xurado de expertos...
Basket Beat: movemento, arte, educación e acción social
Josep M. Aragay Borràs Basket Beat é unha metodoloxía que utiliza a pelota de baloncesto, o corpo e o xogo para acceder a experiencias artísticas de calidade e adestrar habilidades para a vida cunha mirada crítica de transformación social. Nesta maridaxe (arte +...
Yurdance “The Sound of the Void”
"The Sound of the Void" tenta crear preguntas no público, convida á auto indagación e pon en aberto cuestións que nos afectan a todos como a fraxilidade humana e a impermanencia da vida. Como ocupar o baleiro? Existe algo permanente? Yurdance créase no ano 2014, nace...
ASAMBLEA DIVERSA
XORNADA SAÚDE E MUSEOS Os nosos museos como espazos e referencias terapéuticas, lugares onde redescubrimos antropoloxicamente a idea do eu, o autocoñecemento a través da experiencia artística non só dende a observación, senón tamén a través da creación xunto ao espazo...
Inauguració Expo AMOCIDADE CREA
Proxecto realizado en colaboración con SacraExperience que, logo de dous anos de obradoiros e formación e creación con xente nova, dá lugar a unha exposición que se inaugura na Casa da Xuventude de Lugo, pasando pola escola de formación Anxel Casal e o Pazo de Tor....
Encontro de videodanzas e diversidade
Proxectos de linguaxe audiovisual desenvolvidos en colaboración co Fiver Festival e coa asociación Berde. “Fiver sempre foi e segue sendo un territorio mutante, diverso, experimental, acolledor e transformador, pero o mundo cambiou moito nestes últimos tempos e...
Mordiendo la verdad
Recuperando a memoria das mulleres Teatro, música, danza e poesía visual Mordiendo la verdad 2.0, é un canto á memoria e á música non escrita: As nanas preservadas nos labios selados das nosas ancentras. O dolor non nombrado que sen embargo fixo á carne e cincela dia...
Experimenta danza Tuétano “Tempo de soñar”
Compañía profesional de danza que nace no ano 2003 baixo a dirección de Carlota Peréz (coreógrafa, bailarina e historiadora del arte) traballando na creación e organización de proxectos culturais e festivais internacionais de teatro de rua . Inicia su andatura como...
Mostra da peza “O meu lugar!”
Dirixida por Rebeca Ponte e Carlota Pérez para o Concello de Santiago Axuda de dramaturxia: Victor Duplá e Maria Vazquez “O meu lugar” inspírase en “A tempestade” de Shakespeare, cuxo tema principal é a usurpación. De lugar e de poder. E como temas secundarios...
HISTORIA
Artes pola Integración é un festival de inclusión social a través das artes creado no ano 2012. Desde o seu inicio, pretende visibilizar proxectos e persoas con talentos artísticos non comúns, a cotío excluídos socialmente. Entre os seus objectivos conseguidos está a creación dunha plataforma, tanto formativa como de programación profesional, que dá cabida a persoas con talentos diferentes. Por outra banda, este festival ou encontro crea ao longo de toda a súa traxectoria diferentes sinerxias colaborativas con outras entidades da provincia, dando como resultado diferentes exposicións colectivas, e especializándose na mostra de proxectos interdisciplinares dentro e fóra da comunidade que xuntan a persoas con e sen diversidade funcional, favorecendo a reinserción laboral de colectivos en risco de exclusión social nas artes escénicas, visuais, narrativas e plásticas. Un programa conformado por proxectos locais, nacionais e internacionais que fomenta as redes entre
diferentes persoas e espazos que se amosan en conxunto, permitindo programar na cidade, e en alianza con outros proxectos nacionais,
os espectáculos máis punteiros en inclusión artística habitualmente programados noutros circuítos. Cabe salientar a creación de residencias artísticas estables previas ao festival, como a da compañía 5S na Coruña e Santiago de Compostela ou a Pequena Bauhaus ou Mozas en Acción en Lugo e Ribeira Sacra . O festival desde hai varios ano aposta por chegar a público familiar para integralo en proxectos formativos, expositivos e na súa programación.
Artes pola integración é un proxecto que comezou a súa andaina no ano 2011 como festival, tras un traballo de inclusión social a través da danza e o teatro nas prisións de Galicia. Paralelamente, e xa desde o ano 2009, nace ao compañía 5S para persoas con e sen discapacidade, compañía residente do festival que traballa pola creación de espectáculos que integran profesionais do mundo das artes escénicas e visuais e de danza e música . O primeiro Festival de inclusión celebrouse na Coruña en 2012 baixo o nome de I Encontro Artes pola Integración e baixo a dirección artística da coreógrafa, bailarina e experta en artes inclusivas Carlota Pérez, que segue exercendo este labor hoxe en día con mais de 15 espectáculos dirixidos desde o ano 2009.
OBXECTIVOS
· Visibilizar as persoas en risco de exclusión social a través das artes visuais, escénicas, musicais, etc
· Crear unha plataforma de formación de calidade de artes e diversidade.
· Xerar espazos de encontro e debate a través das conferencias e mesas redondas especializadas dirixidas a profesionais e usuarias/os das entidades de inclusión e diversidade funcional en Galicia e a nivel nacional
· Programar espectáculos de artes inclusivas profesionais.
· Editar materiais e publicacións específicas de artes e comunidade desde a Editorial Inoxidable para a inclusión como fotolibros, videocreacións, DVD, etc
Diversificar e visibilizar os espazos expositivos, integrando espazos excluídos non habituais para as representacións artísticas. Entre as singularidades do festival destacamos: Foi o primeiro festival de inclusión de Galicia e é o que leva máis edicións consecutivas. Os espazos de creación e actuación, ademais dos tradicionais, son singulares e diferentes, espazos invisibilizados como prisións, sedes de asociacións de diversidade funcional, hospitais, escolas, centros de menores… Cada ano traballamos unha temática diferente. Este ano, con motivo da XII
edición, traballaremos unha mirada á Comunidade e ao territorio. A peza de danza inclusiva creada anualmente neste festival ten aseguradas actuaciónes en festivais e encontros artísticos: Festigual, Concello de Santiago, SacraFestival, Danza Móbile…
O Festival Artes pola Integración busca en todo momento propostas escénicas de calidade seleccionando espectáculos programados en festivais destacados e en rede cos gañadores do festival Escena Móbile, e co festival Fiver. Traballa con recoñecidos artistas en todo o seu
programa formativo. Normalmente, os encontros e festivais desta índole adoitan ter contidos amateur, sen importar a calidade artística, sen consuntar artistas con e sen discapacidade e comunidades disgregadas creando guetos. Desde Artes pola Integración escapamos deste tipo
de traxectorias e tentamos ofertar espazos artísticos alternativos onde conflúen e traballan os artistas con e sen diversidade funcional, onde cada persoa achega o seu propio talento, creando unha plataforma de estreas estable de gran calidade artística. As espectadoras e espectadores aos que nos diriximos son diversos, desde un público especializado, culturalmente activo, ata alumnados de colexios especiais, pasando por persoas usuarias das asociaciónes coas que colaboramos, profesionais das artes escénicas, visuais e musicais, profesionais do mundo da diversidade, persoas dos barrios onde desenvolvemos as actividades e cidadanía en xeral.
No festival dedicamos un apartado a xornadas de reflexión e relatorías, charlas, mesas redondas e debates onde ampliamos a visión da discapacidade cun marco teórico que serve de formación específica para profesionais da inclusión social e da integración a través da creación de proxectos socioculturais. Dado o nivel da programación, da formación, das exposicións e ciclo de cinema do festival, Artes pola Integración é un referente a nivel nacional e internacional. A Asociación Diversos é convidada habitualmente en diferentes encontros especializados onde impartimos obradoiros e conferencias sobre a nosa metodoloxía e mostramos o traballo de creación da Compañía 5S como Zona 0 do congreso nacional de inclusión social e artes escénicas, Festival Escena Móbile de Sevilla, Festival Visibles de Madrid, SacraFestival, Diversidarte, Festival de Oviedo, Festival de Inclusión de México, e diferentes festivais da Unesco como os de Túnez, Arxentina, Marrocos etc…. Todos estes lugares amplían o noso campo de actuación e posicionan ao festival como un referente galego no marco nacional e internacional das artes inclusivas creando unha marca propia. Tambien formamos parte da plataforma de visibilización Coruña Diversa xunto con outros encontros especializados como o Festigual ou Diversidarte, creando unha campaña de comunicación innovadora para a cidadanía.