Proxectos de linguaxe audiovisual desenvolvidos en colaboración co Fiver Festival e coa asociación Berde.

“Fiver sempre foi e segue sendo un territorio mutante, diverso, experimental, acolledor e transformador, pero o mundo cambiou moito nestes últimos tempos e sentimos que para seguir sendo aquilo que nos identificou desde o noso nacemento debemos apertar o botón de restablecer, crear novas estruturas sobre as mesmas bases, ser inspiradores e sostibles en todos os aspectos, repensar fórmulas contemporáneas de gobernanza e relación coas institucións, seguir a nosa intuición, facer maxia e abrazar o cambio de paradigma para bailar con el. Sentímolo así.

Non deixamos nin un só día de mirar e escoitar o que pasa ao noso ao redor, cos ollos e os oídos ben abertos, cos nosos e cos vosos, sen deixar de preguntarnos como ser útiles, como axudar aos que están e aos que aínda non están, como apoiar mellor os procesos, o traballo en rede, a formación en espazos híbridos, a creación de territorios transdisciplinares e un longo etcétera de necesidades do sector artístico actual.

Por ese motivo, movemos o foco e tras 10 anos xa non seguiremos co modelo de festival anual nin co dos premios e a competición internacional. Desde a nosa primeira edición tomamos ese modelo do mundo do cinema e usámolo como ferramenta de apoio económico ao xénero e aos e as creadoras de danza en pantalla e danza/tecnoloxía; isto posibilitounos entregar 50.000 euros nestas 10 edicións, pero creounos sempre demasiados compromisos e dependencia coa administración e un debate interno en canto a modelo de apoio piramidal. A partir de agora potenciaremos os concepto de plataforma, proxecto, espazo, laboratorio etc”.

Samuel Retortillo – Dirección Fiver
Fiver foi apoiado desde a súa creación por Teatros del Canal, Naves Matadero, Conde Duque, La Casa Encendida, Filmoteca de Madrid, Instituto Cervantes, Acción Cultural Española, Bienal de las Artes del Cuerpo, Imagen y Movimiento de Madrid BAC, ICAA, INJUVE, Gobierno de La Rioja, Festival Actual, Red Iberoamericana de Videodanza REDIV e diversas embaixadas e axencias de cooperación internacional, entre outras institucións.

Ofreceremos cea e bebidas para a xente que acuda a toda a programación

Praza da Constitución

Praza da Constitución

Concurso de pezas para a comunidade Convocatoria aberta para creadores dun mínimo de dous e un máximo de catro intérpretes de propostas de danza, música e teatro que aglutinen persoas con e sen diversidade. Cunha duración máxima de 15 minutos, un xurado de expertos...

Yurdance “The Sound of the Void”

Yurdance “The Sound of the Void”

"The Sound of the Void" tenta crear preguntas no público, convida á auto indagación e pon en aberto cuestións que nos afectan a todos como a fraxilidade humana e a impermanencia da vida. Como ocupar o baleiro? Existe algo permanente? Yurdance créase no ano 2014, nace...

ASAMBLEA DIVERSA

ASAMBLEA DIVERSA

XORNADA SAÚDE E MUSEOS Os nosos museos como espazos e referencias terapéuticas, lugares onde redescubrimos antropoloxicamente a idea do eu, o autocoñecemento a través da experiencia artística non só dende a observación, senón tamén a través da creación xunto ao espazo...

Inauguració Expo AMOCIDADE CREA

Inauguració Expo AMOCIDADE CREA

Proxecto realizado en colaboración con SacraExperience que, logo de dous anos de obradoiros e formación e creación con xente nova, dá lugar a unha exposición que se inaugura na Casa da Xuventude de Lugo, pasando pola escola de formación Anxel Casal e o Pazo de Tor....

Mordiendo la verdad

Mordiendo la verdad

Recuperando a memoria das mulleres Teatro, música, danza e poesía visual Mordiendo la verdad 2.0, é un canto á memoria e á música non escrita: As nanas preservadas nos labios selados das nosas ancentras. O dolor non nombrado que sen embargo fixo á carne e cincela dia...

Mostra da peza “O meu lugar!”

Mostra da peza “O meu lugar!”

Dirixida por Rebeca Ponte e Carlota Pérez para o Concello de Santiago Axuda de dramaturxia: Victor Duplá e Maria Vazquez   “O meu lugar” inspírase en “A tempestade” de Shakespeare, cuxo tema principal é a usurpación. De lugar e de poder. E como temas secundarios...