Programa XI Encontro Artes Pola Integración da cidade de A Coruña
VENRES 17 XUÑO
FÓRUM METROPOLITANO
20:00 horas
PRESENTACIÓN DO FESTIVAL
A cargo da actriz María Vázquez
VACIARTE DANZA MOBILE
2ºPremio IV certame coreográfico internacional
Escena Mobile 2022. Historia verídica e inverosímil
en clave de humor e amor.
Intérpretes: Jaume Girbau e Carla Carissimi.
PEZA TEATRAL NO CONFIESO
Peza teatral tras un proceso de residencia con 4
alumnas en A Ribeira Sacra e en A Coruña, dirixida
polo actor Javier Collado e por Alma Garcia.
ARNASA ORGANIK DANTZA & SIL PRODUCCIONES
Respirar debería ser tan sinxelo como mirar,
escoitar, sentar, falar, bailar, cantar, comerse un
plátano ou andar en monopatín. Pero non é así.
Idea e dirección: Natalia Monge
Creación colectiva
Intérpretes: Carlos Alonso, Pilar Andrés, Mikel
Aristegui, Jon Ander Garamendi.
Composición Musical: Jon Ander Garamendi
Duración: 60 minutos
SÁBADO 18 XUÑO
FUNDACIÓN PAIDEIA
11:00-14:00 horas
PALESTRA DIVERSA
-Proxectos seleccionados de Cultura Inclusiva da Fundación Emalcsa (Modera Manuel Aguilar)
–Manuel Olveira. Artes Plásticas, visuais e Inclusión Social.
–Paqui Romero. Festival Escena Mobile de Sevilla.
–Vicente Galaso. Artes inclusivas na enfermidade mental.
–Encarna Lago. Transformación social a través das Artes nos Museos.
SÁBADO 18 XUÑO
XARDÍNS DE MÉNDEZ NÚÑEZ
17:00H
A PEQUENA BAUHAUS
Presentación da marca deseñada por nenos-as e
adolescentes con e sen diversidade funcional
levado a cabo en SacraExperience con distintos
artistas de diferentes disciplinas que axudaron a crear
esta colección.
18:00H
LA DANZA DEL YO EUDANZA
Compañía de danza integrada do Colexio O Pelouro
en Caldelas de Tui.
Dirección: Laura Llauder.
Despois dos eventos vividos durante a pandemia,
estréase este espectáculo como motor de vida,
impulso e coidado das relacións humanas, onde a
integración do ser humano terá o seu lugar.
19:00H
EXPERIMENTADANZA NO ME TOQUES EL SECRETO
Tres mulleres; Clara, Carlota e a Cadeira de rodas.
Descobren nesta viaxe que hai lugares que se os
tocas, rexorden emocións profundas que nos
achegan máis e libérannos dos nosos medos.
DOMINGO 19 XUÑO
PRAZA DE AZCÁRRAGA
17:00 horas
SOY TODO EL MUNDO DANZA MOBILE
Diálogo físico e verbal sobre como nos
miramos. Xogo de maxia e movemento que
trae aos nosos monstros ao escenario.
Intérpretes: Laura Morales, Helliot Baeza.
17:30H
DJ GROBAS
DJ vinculado á escena desde o 96, onde foi residente
en HOUSE CAFÉ e TELEFUNKEN. Foi o primeiro DJ
galego que picou no Sónar, no ano 1998 e posteriormente foi convidado en tres ocasións máis.
DJ PASCAL KLEIMAN FRANCIA
Pascal é un dos DJ máis prestixiosos de Europa,
protagonista de Heroes. “No hacen falta alas” para
volar dirixido por Ángel Loza
COMIDA DIVERSA
Ao longo do concerto ofrecerase unha degustación de viños galegos e gastronomía a 20 euros por persoa para poder gozar dos espectáculos.
Imaxes da XI edición Artes Pola Integración
Máis info sobre os Artistas e Obras
Vaciarte Danza Mobile
EL ROCE HACE EL CAMINO SEGUNDO PREMIO IV CERTAMEN COREOGRÁFICO INTERNACIONAL ESCENA MOBILE 2022 “É un encontro, un desencontro e todo o contrario. O amor e o humor son ingredientes que latexan e impulsan as súas accións. A orde dos factores altera o produto. Todo o...
No Confieso
Por que nos custa tanto falar do que nos doe? No Confieso investiga a través da autoficción sobre as cousas que ocultamos. Catro actores apúntanse a un obradoirodirixido por Javier Collado e Alma García. Eles deciden facer un experimento sen comunicarllo aos...
Arnasa Organik Dantza e Sil Producciones
Respirar debería ser tan sinxelo coma mirar, escoitar, sentar, falar, bailar, cantar, comer un plátano ou montar en monopatín. Pero non o é. Que pasa coa respiración cando unha situación nos molesta? Cando seguimos en apnéia, que pasa cando entra aire, pero non pode...
La Danza del Yo Eudanza
Compañía de danza integrada por alumado do Colexio O Pelouro en Caldelas de Tui. Despois dos eventos vividos durante a pandemia, estréase este espectáculo como motor de vida, impulso e coidado das relacións humanas, onde a integración do ser humano teña o seu lugar....
Experimenta Danza Non me toques o Segredo
Tres mulleres: Clara, Carlota, e a cadeira de rodas de Clara descubren nesta viaxe que hai lugares que se os tocas rexurden emocións profundas que nos acercan máis e máis e nos fan liberarnos de nosos medos. A presenza de Clara, unha moza de 17 anos que ama bailar, e...
Soy Todo el Mundo Danza Mobile
"Veño a ser terrible. Eu son un monstro, dis. Non, eu son o pobo. Son unha excepción? Non, son todos. A excepción es ti. Ti es a quimera e eu son a realidade”. Partindo desta cita de Victor Hugo en “Home que ri” enunciando un escrito de Paul B. Preciado, gustaríame...
Fernando Grobas
Fernando Grobas (A Coruña, 1974) é un axitador cultural, programador e DJ vinculado á escena desde o 96, sendo o primeiro DJ galego convidado polo Sónar (1998). En 2005 crea as 981Sessions e, un ano despóis, o 981Festival en colaboración con Producciones Playa Club,...
DJ Pascal Kleiman
Algúns terán oído falar deste DJ francés, outros non, e de como alguén sen brazos puido chegar a ser o que hoxe é e o respeto acadado polo seu público. Naceú sen brazos por unha substancia que tomou a súa nai durante o embarazo. Porén iso non lle impediu ao francés...
Proxecto de integración a través das artes. Encontro para desafiar barreiras e celebrar aquilo que nos fai iguais
Artes pola integración é un proxecto que comezou a súa andaina no ano 2008, tras un traballo de inclusión social a través da danza e o teatro en Prisións de Galicia.
Paralelamente nace a Compañía 5s paras persoas con e sen discapacidade que hoxe en día xira cun espectáculo que integra a profesionais do mundo da danza e da música.
Carlota Pérez dirixiu desde o seu primeiro Festival de Integración as súas edicións en diferentes cidades e espazos e colaborando con outras entidades. Tamén realiza proxectos en colaboración con artistas de cambiara diferentes por diversas disciplinas en: centros psiquiátricos, penitenciarios, Centros de Reforma para menores e moz@s con problemas de conduta, violencia de xénero e colectivos con diversidade funcional.
Foi convidada a dar talleres e conferencias en España e en Arxentina, Túnez, Marrocos e para diversos festivais da Unesco.