Vaciarte Danza Mobile

EL ROCE HACE EL CAMINO

SEGUNDO PREMIO IV CERTAMEN COREOGRÁFICO INTERNACIONAL ESCENA MOBILE 2022

“É un encontro, un desencontro e todo o contrario. O amor e o humor son ingredientes que latexan e impulsan as súas accións. A orde dos factores altera o produto. Todo o contrario do que ocorre nas matemáticas. Non se conta, hai que velo. Non suma, sucede. E se resta, é de  prexuízos”.

“Vaciarte” é un dúo de danza teatral. Nace despois de moitos anos de coñecer e bailar en @liantlatrocadansa. En pleno desenvolvemento decidiron coñecer e contar historias verdadeiras e improbables en clave de humor e amor tanto o aire libre coma no interior. Empregando múltiples disciplinas artísticas, con diversos artistas e artistas diversos que complementan os seus espectáculos.

Dúo composto por Jaume Girbau e Carla Carissimi. Técnica consorte: Meritxell Pérez.

No Confieso

No Confieso

Por que nos custa tanto falar do que nos doe? No Confieso investiga a través da autoficción sobre as cousas que ocultamos. Catro actores apúntanse a un obradoirodirixido por Javier Collado e Alma García. Eles deciden facer un experimento sen comunicarllo aos...

Arnasa Organik Dantza e Sil Producciones

Arnasa Organik Dantza e Sil Producciones

Respirar debería ser tan sinxelo coma mirar, escoitar, sentar, falar, bailar, cantar, comer un plátano ou montar en monopatín. Pero non o é. Que pasa coa respiración cando unha situación nos molesta? Cando seguimos en apnéia, que pasa cando entra aire, pero non pode...

La Danza del Yo Eudanza

La Danza del Yo Eudanza

Compañía de danza integrada por alumado do Colexio O Pelouro en Caldelas de Tui. Despois dos eventos vividos durante a pandemia, estréase este espectáculo como motor de vida, impulso e coidado das relacións humanas, onde a integración do ser humano teña o seu lugar....

Soy Todo el Mundo Danza Mobile

Soy Todo el Mundo Danza Mobile

"Veño a ser terrible. Eu son un monstro, dis. Non, eu son o pobo. Son unha excepción? Non, son todos. A excepción es ti. Ti es a quimera e eu son a realidade”. Partindo desta cita de Victor Hugo en “Home que ri” enunciando un escrito de Paul B. Preciado, gustaríame...

Fernando Grobas

Fernando Grobas

Fernando Grobas (A Coruña, 1974) é un axitador cultural, programador e DJ vinculado á escena desde o 96, sendo o primeiro DJ galego convidado polo Sónar (1998). En 2005 crea as 981Sessions e, un ano despóis, o 981Festival en colaboración con Producciones Playa Club,...

DJ Pascal Kleiman

DJ Pascal Kleiman

Algúns terán oído falar deste DJ francés, outros non, e de como alguén sen brazos puido chegar a ser o que hoxe é e o respeto acadado polo seu público. Naceú sen brazos por unha substancia que tomou a súa nai durante o embarazo. Porén iso non lle impediu ao francés...