Tres mulleres: Clara, Carlota, e a cadeira de rodas de Clara descubren nesta viaxe que hai lugares que se os tocas rexurden emocións profundas que nos acercan máis e máis e nos fan liberarnos de nosos medos.
A presenza de Clara, unha moza de 17 anos que ama bailar, e ten parálise cerebral, no escenario, fainos reflexionar sobre os espazos que habitamos e como nos adaptamos a eles. Clara e Carlota, con este espectáculo desafían á súa vez o noso imaxinario e nosos prexuizos coma espectadores, nunha peza que cuestiona temas como a dependencia, e a independencia coma unha posibilidade de vivir sen a outra persoa.
Dirixida por Carlota Pérez. Elenco: Clara López, Carlota Pérez, Pío López.