Programa XV Encontro Artes Pola Integración A Coruña / Santiago
MARTES 15 Setembro
Santiago de Compostela
COLECTIVO DIVERSOS
Espectáculo de
danza contemporánea
20:30h
Teatro Principal
Santiago de Compostela
ARTE A ESCEA
Proxecto patrocinado polo Concello de Santiago que reúne a 15 intérpretes con e sen diversidade, acompañados pola música en directo de Su Garrido e de novos creadores, para achegar ao público un espectáculo de danza, teatro e audiovisual que explora as vangardas artísticas e a súa evolución dende o nacemento da fotografía ata a Escola da Bauhaus.
VENRES 18 Setembro
A Coruña
JULIO CÉSAR IGLESIAS & CARLOTA PÉREZ
Espectáculo de
danza contemporánea
21:00h
Laboratorio Escénico
A Coruña
ANTES DE DESAPARECER
«Antes de desaparecer» é unha peza de danza contemporánea sobre o limiar do descoñecido, un punto de inflexión onde o corpo abandona o coñecido para transformarse a través da entrega e cruzar un límite onde a linguaxe se disolve.
SÁBADO 19 Setembro
A Coruña
ASAMBLEA DIVERSA
Xornadas de pensamento
11:00 – 13:30h
Fundación María José Jove
A Coruña
ASAMBLEA DIVERSA
Baixo o título «O invisible», esta quinta edición das xornadas de pensamento convida a referentes do panorama local e nacional para profundar en proxectos de transformación social a través das artes, amosando como dende un prototipo se poden crear plataformas, festivais e redes estables para a comunidade.
A NOVA BANDA RURAL
Concerte de Rock & Pop
13:30 – 14:30h
Fundación María José Jove
A Coruña
FLUMEN
Mostra do traballo desenvolvido pola mocidade do rural da Ribeira Sacra e outras localidades tras máis de seis meses de creación musical guiados por artistas consolidados como Monica de Nut, Su Garrido, Davide Salvado e Sumrrá, co apoio da Fundación Paideia e a Obra Social La Caixa.
SÁBADO 19 Setembro
Santiago de Compostela
SOL PICÓ
Mostra Obradoiro de Danza Contemporánea
18:00h
Centro Xove
Santiago de Compostela
Espazo de investigación e adestramento físico e emocional que, mediante unha metodoloxía híbrida de danza contemporánea, Chi Kung, ioga, teatro físico e improvisación, busca activar o corpo, agudizar a presenza escénica e desatar a creatividade dende a singularidade de cada participante.
COLECTIVO DIVERSOS
Arte a Escena
18:30h
Centro Xove
Santiago de Compostela
ARTE A ESCEA
Proposta de danza, teatro e audiovisual con música en directo para todos os públicos que, partindo das cores primarias e das primeiras imaxes fotográficas, percorre as vangardas artísticas —dende o cubismo, o expresionismo, o surrealismo e o fauvismo ata a Escola da Bauhaus— para crear diferentes universos escénicos.
JULIO CÉSAR IGLESIAS & CARLOTA PÉREZ
19:30h
Centro Xove
Santiago de Compostela
ANTES DE DESAPARECER
Peza de danza sobre o limiar do descoñecido que explora ese punto de transformación corporal e entrega onde a linguaxe se disolve para dar paso á experiencia de converterse noutra cousa.
DOMINGO 20 Setembro
A Coruña
EXPERIMENTADANZA
19:00h
Centro Ágora
A Coruña
DE CORPO E DE PALABRA
Unha viaxe pola poesía e unha peza de loita contra o sistema social e económico a través da danza, o teatro e a poesía en directo de Eva Veiga e Andrea Nunes, cun ambiente sonoro creado a partir dun collage musical con Su Garrido.
PALOMICA LLOCA PRODUCCIONES
20:00h
Centro Ágora
A Coruña
EUROLIDER FEMINISTA
Un espectáculo en formato de reality show onde a política e o entretemento se entremezclan mentres tres aspirantes —Lola, Flecha e Samantha— compiten en directo superando diversas probas para converterse na primeira líder feminista global da historia.
SÁBADO 24 Outubro
A Coruña
SU GARRIDO
Mostra do Taller
18:00h
Museo de Belas Artes
A Coruña
Mostra que recolle o resultado dun proceso de cocreación artística desenvolvido de maneira conxunta entre a música e poetisa Su Garrido e o alumnado participante no obradoiro.
A NOVA BANDA RURAL
FLUMEN
Concerto Rock & Pop
18:30h
Museo de Belas Artes
A Coruña
Mostra do traballo realizado coa mocidade do rural da Ribeira Sacra e de distintos puntos da nosa xeografía, que ofrece un concerto de rock e pop con cancións propias de variada temática e rítmico compás.
DOMINGO 25 Outubro
A Coruña
CERTAME DE PEZAS CURTAS PARA A COMUNIDADE
Artes Escénicas
17:00 – 20:00h
Fórum Metropolitano
A Coruña
Certame que convoca a creadores con e sen diversidade, sen límite de idade e en grupos de ata 5 compoñentes, para presentar pezas de danza e teatro dun máximo de 15 minutos e competir ante un xurado profesional co fin de fomentar a creación emerxente e a inclusión escénica.
Máis info sobre Artistas e Obras
Arte a Escea
Proxecto patrocinado polo Concello de Santiago que conta coa participación de persoas con e sen diversidade, un colectivo de 15 intérpretes con acompañamento musical de Su Garrido e un colectivo de mocidade que crean a música para cada unha das esceas. O espectáculo...
De Corpo e Palabra
linguaxe da danza e o teatro. Ao tempo, é unha peza de loita contra un sistema social e económico que nos atrapa. Coa poesía en directo de Eva Veiga e Andrea Nunes e a voz e ambiente sonoro dun collage musical con Su Garrido. Unha homenaxe ao máxico mundo das palabras...
Certame de Pezas Curtas para A Comunidade
Este certame convoca dende o mes de marzo a creadores con e sen diversidade, cun máximo de 5 compoñentes e un máximo de duración de 15 minutos de danza e teatro para compartir o seu traballo e competir ante un xurado de profesionais das artes escénicas. Non haberá...
Palomica Lloca Producciones
EUROLÍDER FEMINISTA Eurolíder Feminista é unha obra de teatro en clave de humor que simula un programa de telerrealidade (reality show) onde tres mulleres compiten por converterse na primeira líder feminista da historia. A trama imaxina un futuro ou un contexto onde a...
Eva García
Licenciada en ciencias do espectáculo e comisaria de proxectos de produción e creación artística comunitaria. A súa experiencia constrúese desde asociacións de base coas que impulsa proxectos de creación artística que involucran a persoas e lugares non habituais....
Andrea Nunes
Directora de escena e xestora cultural cunha carreira dedicada á ópera contemporánea e á música escénica. Á fronte da compañía que leva o seu nome, foi pioneira en achegar a ópera a novos formatos e públicos, apostando por creacións site-specific, colaboracións...
Festival Sen Límites
"Sen Límites” nace co obxectivo de normalizar a discapacidade. Este festival pon en común a arte e a discapacidade, a través de diversos grupos de diferentes artes escénicas como son a danza, a música, o teatro, etc. Sen Límites mostra á sociedade que ter unha...
Sol Picó
Con máis de 40 espectáculos ás súas costas e unha traxectoria marcada pola potencia física, a irreverencia escénica e a honestidade artística, Sol Picó propón un taller intensivo que vai máis aló da técnica: unha inmersión no corpo como fonte inesgotable de creación....
Su Garrido
Cantante, compositora e música galega, unha das voces máis destacadas e persoais da nova escena folk e de autor de Galicia. Cunha formación en etnomusicoloxía e un profundo coñecemento da tradición oral, o seu traballo é unha síntese innovadora entre as raíces...
Escénate
EscénaTe é unha empresa de produción e de servizos culturais creada no ano 2001 cunha ampla traxectoria na produción teatral e na posta en marcha de proxectos escénicos singulares relacionados co Patrimonio. Todas as producións de EscénaTe responden o compromiso e a...
Fernando García Dory
Artista e agroecólogo cuxo traballo se sitúa no cruzamento entre a arte, a ecoloxía e o desenvolvemento rural. O seu proxecto máis emblemático, INLAND (iniciado no 2009), é unha plataforma colaborativa que opera a escala internacional, establecendo redes entre...
Colectivo Diversos
Asociación Cultural para a Integración Social que pretende profesionalizar a Arte na comunidade e normalizar así a diversidade funcional, escoitar a persoas de diferentes culturas, crear redes entre outros proxectos e plataformas e unir a todos a través da Creación,...
Julio César Iglesias Ungo
Bailarín e coreógrafo cubano-español de danza contemporánea, cuxa traxectoria se caracteriza por unha enerxía física explosiva e unha profunda conexión emocional. Formado na prestixiosa Escola Nacional de Arte de Cuba, foi integrante de compañías como Ballet Rakatan e...
Carlota Pérez
Coreógrafa, bailarina, xestora cultural e historiadora da arte, traballou con destacados bailaríns e coreógrafos, evolucionando cara a unha compañía de danza-teatro e danza inclusiva para a comunidade. Desde 2010, enfocouse en proxectos formativos en Galicia, creando...
Festival Agrocuir
FESTIVAL AGROCUIR DA ULLOA O Festival Agrocuir da Ulloa é unha iniciativa sen ánimo de lucro celebrada no rural lucense dende hai sete anos. É un festival co obxectivo de reivindicar a diversidade sexual e de xénero no rural. A visibilización dos colectivos...
Festival Visibles
FESTIVAL VISIBLES Do 22 de maio ao 1 de xuño celébrase a edición dez do Festival Visibles, un evento que desde os seus inicios tivo como un dos seus obxectivos principais promover a inclusión e a diversidade na arte. Ao longo desta década, o festival logrou avances...
A Nova Banda Rural
FLUMEN (A NOVA BANDA RURAL) Mostra do traballo feito coa mocidade do rural da Ribeira Sacra e distintos puntos da nosa xeografía, que traballaron con diferentes creadores ao longo de máis de seis meses consolidando unha banda de rock/pop cos seus propios temas tras...
Natalia Balseiro
Investigadora, curadora e mediadora cultural Dende fai máis de vinte anos deseña procesos e proxectos de arte, cultura, participación, innovación democrática, mediación e desenvolvemento territorial e sectorial, tanto desde a administración pública coma profesional...
Antes de desaparecer
Hai un lugar ao que non se pode mirar de fronte. Un centro invisible que atrae, insiste, chama. O corpo aproxímase sen saber por que. Algo tira del cunha forza silenciosa, alterando o tempo, o equilibrio e a memoria do movemento. A medida que a proximidade aumenta, a...
Mikel Aristegui
San Sebastián, 1968. Bailarín, coreógrafo, docente e xestor, diplomado en danza contemporánea na Folkwang-Hochschule de Essen (Alemaña), nos seus 30 anos como profesional, Mikel Aristegui alternou o seu traballo como intérprete con colaboracións de creación con outros...
HISTORIA
Artes pola integración é un festival de transformación social a través das artes creado no ano 2012. Este 2024 chega á súa XIII edición e expándese, centralizando o festival en Santiago de Compostela e desenvolvendo en rede coa cidade da Coruña. Esta programación expandida enlaza cun evento que xa naceu cun sentido de itinerancia entre as dúas cidades e que ten moi en conta que non existe ningún festival de artes inclusivas na capital de Galicia, polo que semella necesario reubicar esta unión entre cultura e benestar social.
A temática deste ano: Artes comunitarias para un territorio.
Artes pola Integración, xa dende os seus inicios, pretende visibilizar proxectos de comunidades afastadas ou de persoas en risco de exclusión social que, por tanto, están situadas fóra da cultura do seu territorio, moitas veces excluídas das actividades artísticas próximas, aínda posuíndo talento no ámbito da creación.
Unha boa parte dos proxectos realízanse e prodúcense entre os 3 e 6 meses previos e finalizan con este Encontro. Trátase de pezas que itineran por lugares como Santiago de Compostela, Ribeira Sacra, A Coruña, Madrid, Cataluña, Ourense e a Costa da Morte, principalmente.
Por unha banda, o festival dá contido a unha programación de artes escénicas e visuais, sinaladamente, incluíndo un ciclo de videodanzas en colaboración co Fiver, un festival internacional de videodanzas, unha “Asemblea Diversa” para dar lugar a un espazo de reflexión en pensamento, formacións previas e programación escénica de proxectos comunitarios, así como unha exposición de artes plásticas, visuais e de deseño gráfico.
O Encontro desenvolverase entre o 19 de xuño ao 6 de xullo en espazos escénicos, na rúa, asociacións ou espazos institucionais, algúns destes relacionados coa diversidade e outros non.
O programa, conformado por proxectos de orixe local, estatal e internacional, ademais de redes diversas en alianza con outros colectivos, amosará os espectáculos máis punteiros dentro da programación escénica inclusiva.
Da man da asociación Diversos, promovemos este encontro para crear lazos relacionais e para achegar ao noso territorio todo un espazo compartido para a reflexión e mostra das nosas inquedazas a través da arte como arma transformadora.
OBXECTIVOS
Baixo a dirección artística de Carlota Pérez, coreógrafa e xestora cultural con máis de 20 espectáculos dirixidos e máxima responsable doutros festivais regulares como o Encontro de Espazos Abandonados e o SacraFestival na Ribeira Sacra, Artes pola Integración busca en todo momento propostas escénicas de calidade, seleccionando espectáculos programados en destacados festivais e en rede cos gañadores do festival Escena Móbile e co festival Fiver, tal cal vimos comentando.
O seu modelo de desenvolvemento diversifica e visibiliza os espazos expositivos, integrando espazos excluídos non habituais para as representacións artísticas: prisións, sedes de asociacións de diversidade funcional,, hospitais, escolas, centros de menores, fundacións, museos…
A peza de danza inclusiva creada anualmente ao abeiro deste festival ten aseguradas actuacións en festivais e encontros artísticos: Festigual, Concello de Santiago, Sacra Festival, Danza Móbile…
Artes pola Integración – o primeiro festival de inclusión de Galicia e o que conta con máis edicións consecutivas – traballa con recoñecidos artistas en todo o seu programa formativo. Habitualmente, os encontros e festivais desta índole adoitan ter contidos amateur, sen importar a calidade artística e sen entrelazar artistas con e sen discapacidade coas comunidades disgregadas creando, desta maneira, guetos sociais e culturais.
Por contra, dende Artes pola Integración fuximos deste tipo de influencias e tentamos ofertar espazos artísticos alternativos onde conflúen e traballan os artistas con e sen diversidade funcional, onde cada persoa achega o seu propio talento, creando unha plataforma de estreas estable de gran calidade artística. O público ao que nos diriximos é diverso: dende aquel máis especializado e culturalmente activo ata alumnado de colexios especiais, pasando por persoas usuarias das asociacións coas que colaboramos,
profesionais das artes escénicas, visuais e musicais, profesionais do mundo da diversidade, persoas dos barrios onde desenvolvemos as actividades e cidadanía en xeral.
No festival dedicamos un apartado a xornadas de reflexión e relatorías, charlas, mesas redondas e debates onde ampliamos a visión da discapacidade cun marco teórico, servindo de formación específica para profesionais da inclusión social e da integración a través da creación de proxectos socioculturais.
A Asociación Diversos é convidada habitualmente en diferentes encontros especializados onde impartimos obradoiros e conferencias sobre a nosa metodoloxía e amosamos o traballo de creación da Compañía 5S como Zona 0, Congreso Nacional de Inclusión Social e Artes Escénicas, Festival Escena Móbile de Sevilla, Festival Visibles de Madrid, SacraFestival, Diversidarte, Festival de Oviedo, Festival de Inclusión de México, e diferentes festivais da Unesco como os de Túnez, Arxentina ou, Marrocos.




















