Directora de escena e xestora cultural cunha carreira dedicada á ópera contemporánea e á música escénica. Á fronte da compañía que leva o seu nome, foi pioneira en achegar a ópera a novos formatos e públicos, apostando por creacións site-specific, colaboracións interdisciplinares e o traballo con compositores vivos.
Dirixiu producións para o Teatro Real de Madrid, o Palau de les Arts de Valencia e o Festival de Peralada. O seu selo é unha posta en escena visualmente potente e narrativamente clara, que libera á ópera de convencións para destacar a súa intensidade dramática e emocional.




















