EscénaTe é unha empresa de produción e de servizos culturais creada no ano 2001 cunha ampla traxectoria na produción teatral e na posta en marcha de proxectos escénicos singulares relacionados co Patrimonio.
Todas as producións de EscénaTe responden o compromiso e a complicidade cos proxectos e coas persoas que o forman. Cren no valor transformador da cultura e da emoción como punto de encontro entre o público e a creación.
Ao longo destes anos produciron espectáculos e creado proxectos buscando o compromiso con novos creadorxs, experiencias profesionais que lles permitiu crecer xunto con ellxs e que lles achegou unha maneira de traballar, un selo no que recoñecerse e crerse.
A súa labor é un pilar esencial para a viabilidade de compañías emerxentes e consolidadas. Escénate non só produce xiras e eventos, senón que fomenta a investigación, a formación e a internacionalización do sector. O seu traballo curatorial, rigoroso e arriscado, foi clave na consolidación dun ecosistema escénico vibrante e profesionalizado, conectando artistas con audiencias nos principais circuitos nacionais e internacionais.




















