“Veño a ser terrible. Eu son un monstro, dis. Non, eu son o pobo. Son unha excepción? Non, son todos. A excepción es ti. Ti es a quimera e eu son a realidade”. Partindo desta cita de Victor Hugo en “Home que ri” enunciando un escrito de Paul B. Preciado, gustaríame abrir un diálogo físico e verbal sobre como nos miramos.
A palabra monstro ten varios significados, pero agora só vou destacar dous:
1.- Ser fantástico que provoca horror.
2.- Persoa que en calquera actividade supera con moito as calidades e aptitudes comúns.
Atopar o noso monstro foi a idea principal desta peza. Lendo a Paul B. Preciado, “Eu son o monstro que che fala”, o discurso que pronunciou ante 3.500 psicanalistas para a conferencia internacional de L’école de la Cause Freudienne de París, onde alguén como Paul era considerado “enfermo mental”, e un “disfórico de xénero”. O xogo dos antigos magos, de transformar o público en animais, facéndoos caer nun profundo subconsciente, deunos a oportunidade de transformarnos e manipularnos ao son da maxia e do subconsciente.
Neste dúo de maxia e movemento, tentamos traer aos nosos monstros. Xogar a ser manipulados e a xogar. O son das palmas e un xogo infantil esmagado polos nosos monstros interiores: David Bisbal e Chenoa.
Elenco: Laura Morales, Helliot Baeza.