Dirixida por Rebeca Ponte e Carlota Pérez para o Concello de Santiago
Axuda de dramaturxia: Victor Duplá e Maria Vazquez

 

“O meu lugar” inspírase en “A tempestade” de Shakespeare, cuxo tema principal é a usurpación. De lugar e de poder. E como temas secundarios a vinganza e o perdón. A obra do bardo sérvenos como escusa para penetrar en varios temas que nos interesan nun contexto de crise mundial dunha sociedade materialista e competitiva, sobre urbanizada e super poboada, cada vez máis afastada da súa natureza e da súa esencia.

Unha natureza que se revolve cada vez con máis intensidade, orixinando catástrofes naturais que poñerán a proba a supervivencia da especie humana (Distopía). A illa é unha metáfora da terra no seu estado máis salvaxe e paradisíaco. “O meu lugar” é a viaxe do heroe (o heroe, neste caso, é representado polo ser humano actual occidental) entendida como unha viaxe en dous planos de conciencia. Por unha banda, cando o mundo ordinario do heroe se interrompe por un factor externo, presentándose un desafio ou unha misión que debe emprenderse. E xa no plano interno, a viaxe que fai o ego cara ao máis escuro do inconsciente para despois regresar á esencia e ao ser.

Membros do grupo: Marisol Creo Prego, Clara López Villar, Tito López Villar, Valle López Villar, Adriana Paulos Viñas, Elvis García Torres, Marlon Steven Rincón, Renato Beiroa Troiteiro, Harry Arreieta García, Paula Rendo Muñoz, Elena García López, Mariña Rey, Lua Duplá Rodriguez (equipo directivo e docente).

Praza da Constitución

Praza da Constitución

Concurso de pezas para a comunidade Convocatoria aberta para creadores dun mínimo de dous e un máximo de catro intérpretes de propostas de danza, música e teatro que aglutinen persoas con e sen diversidade. Cunha duración máxima de 15 minutos, un xurado de expertos...

Yurdance “The Sound of the Void”

Yurdance “The Sound of the Void”

"The Sound of the Void" tenta crear preguntas no público, convida á auto indagación e pon en aberto cuestións que nos afectan a todos como a fraxilidade humana e a impermanencia da vida. Como ocupar o baleiro? Existe algo permanente? Yurdance créase no ano 2014, nace...

ASAMBLEA DIVERSA

ASAMBLEA DIVERSA

XORNADA SAÚDE E MUSEOS Os nosos museos como espazos e referencias terapéuticas, lugares onde redescubrimos antropoloxicamente a idea do eu, o autocoñecemento a través da experiencia artística non só dende a observación, senón tamén a través da creación xunto ao espazo...

Inauguració Expo AMOCIDADE CREA

Inauguració Expo AMOCIDADE CREA

Proxecto realizado en colaboración con SacraExperience que, logo de dous anos de obradoiros e formación e creación con xente nova, dá lugar a unha exposición que se inaugura na Casa da Xuventude de Lugo, pasando pola escola de formación Anxel Casal e o Pazo de Tor....

Encontro de videodanzas e diversidade

Encontro de videodanzas e diversidade

Proxectos de linguaxe audiovisual desenvolvidos en colaboración co Fiver Festival e coa asociación Berde. “Fiver sempre foi e segue sendo un territorio mutante, diverso, experimental, acolledor e transformador, pero o mundo cambiou moito nestes últimos tempos e...

Mordiendo la verdad

Mordiendo la verdad

Recuperando a memoria das mulleres Teatro, música, danza e poesía visual Mordiendo la verdad 2.0, é un canto á memoria e á música non escrita: As nanas preservadas nos labios selados das nosas ancentras. O dolor non nombrado que sen embargo fixo á carne e cincela dia...