Josep M. Aragay Borràs

Basket Beat é unha metodoloxía que utiliza a pelota de baloncesto, o corpo e o xogo para acceder a experiencias artísticas de calidade e adestrar habilidades para a vida cunha mirada crítica de transformación social.

Nesta maridaxe (arte + transformación) reside a innovación do proxecto. Trátase —inseparablemente— de: a) promover a participación física, intelectual e social na vida cultural desde o convencemento e a confianza de que todos temos a  capacidade de formar parte e crear a cultura actual (Holden, 2008); e b) xerar cambios significativos, especialmente os que se refiren á mellora da calidade de vida e do pensamento crítico, nos individuos, grupos, comunidades e sociedade.

O proxecto conta xa con sete anos de experiencia nos que cada día xeramos máis contidos nos ámbitos da educación, a acción social e a arte.

Do mesmo xeito que fai a investigación-acción participativa, avanzamos e pensamos no que pasa para seguir facendo. Neste sentido, o noso éxito consiste en estar en contacto coa realidade social do noso país. E é que cada semana, en organizacións e estruturas tan diversas como colexios, institutos, cárceres, prazas, residencias, universidades ou entidades do terceiro sector (tamén de fóra de Cataluña), acompañamos a máis dun cento de persoas que forman parte diso que o Estado de Benestar chama “colectivos en risco”.

Praza da Constitución

Praza da Constitución

Concurso de pezas para a comunidade Convocatoria aberta para creadores dun mínimo de dous e un máximo de catro intérpretes de propostas de danza, música e teatro que aglutinen persoas con e sen diversidade. Cunha duración máxima de 15 minutos, un xurado de expertos...

Yurdance “The Sound of the Void”

Yurdance “The Sound of the Void”

"The Sound of the Void" tenta crear preguntas no público, convida á auto indagación e pon en aberto cuestións que nos afectan a todos como a fraxilidade humana e a impermanencia da vida. Como ocupar o baleiro? Existe algo permanente? Yurdance créase no ano 2014, nace...

ASAMBLEA DIVERSA

ASAMBLEA DIVERSA

XORNADA SAÚDE E MUSEOS Os nosos museos como espazos e referencias terapéuticas, lugares onde redescubrimos antropoloxicamente a idea do eu, o autocoñecemento a través da experiencia artística non só dende a observación, senón tamén a través da creación xunto ao espazo...

Inauguració Expo AMOCIDADE CREA

Inauguració Expo AMOCIDADE CREA

Proxecto realizado en colaboración con SacraExperience que, logo de dous anos de obradoiros e formación e creación con xente nova, dá lugar a unha exposición que se inaugura na Casa da Xuventude de Lugo, pasando pola escola de formación Anxel Casal e o Pazo de Tor....

Encontro de videodanzas e diversidade

Encontro de videodanzas e diversidade

Proxectos de linguaxe audiovisual desenvolvidos en colaboración co Fiver Festival e coa asociación Berde. “Fiver sempre foi e segue sendo un territorio mutante, diverso, experimental, acolledor e transformador, pero o mundo cambiou moito nestes últimos tempos e...

Mordiendo la verdad

Mordiendo la verdad

Recuperando a memoria das mulleres Teatro, música, danza e poesía visual Mordiendo la verdad 2.0, é un canto á memoria e á música non escrita: As nanas preservadas nos labios selados das nosas ancentras. O dolor non nombrado que sen embargo fixo á carne e cincela dia...

Mostra da peza “O meu lugar!”

Mostra da peza “O meu lugar!”

Dirixida por Rebeca Ponte e Carlota Pérez para o Concello de Santiago Axuda de dramaturxia: Victor Duplá e Maria Vazquez   “O meu lugar” inspírase en “A tempestade” de Shakespeare, cuxo tema principal é a usurpación. De lugar e de poder. E como temas secundarios...