VENRES 21 DE XUÑO
A CORUÑA
AUDITORIO FÓRUM
METROPOLITANO
18:00H
TEATRO: CONTRA ANA
Autora:
Alma García
Dirección:
Paco Montes
Elenco:
Carmen Climent
Alma García
León Molina
Jone Laspiur
SINOPSE:
“Contra Ana” é unha autoficción que retrata a anorexia, un TCA en toda a súa complexidade. Dende a súa experiencia real, a autora céntrase especialmente no ano que pasou ingresada nunha clínica de Barcelona e reflexiona sobre a identidade e o que este concepto supuxo para ela. A obra adéntrase na busca dos porqués e na responsabilidade que a sociedade ten na aparición, desenvolvemento e mantemento deste tipo de patoloxías.