VENRES 21 DE XUÑO
A CORUÑA
TEATRO ROSALIA DE
CASTRO
20:30H
PICASSO: A MIRADA NAS MANS
EXPERIMENTADANZA + BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DA CORUÑA
SINOPSE:
Un espectáculo de teatro e danza profesional conformado por artistas con e sen diversidade funcional que mestura danza contemporánea e teatro. A obra xira en torno a algunhas etapas artísticas de Pablo Picasso.
Nela aparecen, pouco a pouco, os personaxes das súas obras, moi sinaladamente da infancia, para transitar pola súa Época Azul en París, a posterior Época Rosa e o Cubismo, rematando coa creación do “Guernica” e a pomba da paz como símbolo dunha nova época na vida do autor.