Duración: 10’
Coreografía:
Jaume & Iris
Intérpretes:
Jaume Girbau
Iris González
SINOPSE:
Promêna significa en checo transformación e/ou tránsito dun estado a outro: xeo/auga/aire… diferentes formas e, sen embargo, a mesma esencia. Un simple contacto e movemento e, sen darnos conta, Promêna.
Transformamos o movemento en danza, en diálogo e este, a súa vez, transfórmanos. Quen somos de verdade? Mediante esta mutación constante, os nosos corpos desprázanse, danzan, intercálanse, cohabitan, enchen os ocos deixados polo outro. O corpo transmuta e a esencia flúe. Escoita, sente e transfórmate.