SABADO 6 DE XULLO
PARQUE DE BONAVAL, SANTIAGO
DE COMPOSTELA
DE 18:00 A 21:00HORAS
DOMINGO 7 DE XULLO
XÁRDINS DE MÉNDEZ NÚÑEZ, A
CORUÑA
DE 12:00 A 14:00HORAS
CONCURSO DE PEZAS
PARA A COMUNIDADE
PRESENTA ADRIANA PAULOS
Abrirase unha convocatoria para grupos formados por dende unha ata a un máximo de cinco intérpretes que presenten unha peza propia dun máximo de duración de 15 minutos. A obra poderá contamplar tanto as artes escénicas como as musicais e algún dos seus intérpretes debe ter recoñecida algunha discapacidade física ou psíquica.
Entregaranse dous premios de 500 euros cada un entre as pezas finalmente galardoadas por un xurado formado por creadores e creadoras de diferentes disciplinas e un “xurado cativo” composto por nenas e nenos de 8 a 14 anos.