Proxecto patrocinado polo Concello de Santiago que conta coa participación de persoas con e sen diversidade, un colectivo de 15 intérpretes con acompañamento musical de Su Garrido e un colectivo de mocidade que crean a música para cada unha das esceas. O espectáculo xira en torno ás vangardas artísticas.
As vangardas artísticas nacen dende o nacemento da fotografía que non pode evitar que moitos creadores repensen a súa maneira de pintar o mundo, entre un contexto bélico e moi complexo polo período de entreguerras e o nacemento da Escola da Bauhaus en Alemaña, esta eclosión artística é unha das máis importantes da Historia da Arte.
Partendo das cores primarias, a posta en escena crea diferentes universos, partendo das imaxes das primeiras fotografías, e percorrendo a etapa cubista, expresionista, o surrealismo, o fauvismo e a escola da Bauhaus, convértese nun proxecto de danza, teatro e audiovisual con música en directo para todos os públicos.




















