Este certame convoca dende o mes de marzo a creadores con e sen diversidade, cun máximo de 5 compoñentes e un máximo de duración de 15 minutos de danza e teatro para compartir o seu traballo e competir ante un xurado de profesionais das artes escénicas. Non haberá límite de idade.
Este proxecto pretende fomentar a creación emerxente e a inclusión de colectivos de diversidade nas artes escénicas.




















