“Sen Límites” nace co obxectivo de normalizar a discapacidade. Este festival pon en común a arte e a discapacidade, a través de diversos grupos de diferentes artes escénicas como son a danza, a música, o teatro, etc.
Sen Límites mostra á sociedade que ter unha discapacidade non ten porqué impedir ás persoas realizar aquelas actividades que desexen, e non debe afectar á profesionalidade e calidade da actuación. Preténdese manifestar unha visión normalizadora da diversidade funcional, sen mostrala de forma explícita.
Para falarnos da súa traxectoria e da súa experiencia teremos connosco a Lisi Sarciada e a Inés Queirós.




















