Artista e agroecólogo cuxo traballo se sitúa no cruzamento entre a arte, a ecoloxía e o desenvolvemento rural. O seu proxecto máis emblemático, INLAND (iniciado no 2009), é unha plataforma colaborativa que opera a escala internacional, establecendo redes entre labregos, artistas, pastores e institucións para repensar os modelos de producción e cultura no campo. Cunha formación en Belas Artes e Socioloxía, a súa práctica inclúe instalacións, conferencias-performances e a xestión de proxectos a longo prazo. Representou a España na Bienal de São Paulo (2010) e a súa obra é estudada globalmente como un referente da arte útil e a mediación sociocultural.
Tras estudiar Arte e Socioloxía Rural, doctorou se en Agroecoloxía. Interesado na complexidade armónica das formas e procesos biolóxicos, a súa obra ocúpase da relación entre cultura e natureza.
Participou nas bienais de Atenas, Lisboa, Gwangju e Jeju e na Documenta 13. En 2012 recibiu o Premio Annenberg de Arte Socialmente Comprometido de Creative Time New York e foi finalista do Premio Rolex. E membro do Consejo de las Formas (París) e da Alianza Mundial de Pastores Nómadas. Desde 2009 desenrola o proxecto INLAND_Campo Adentro.




















