Asociación Cultural para a Integración Social que pretende profesionalizar a Arte na comunidade e normalizar así a diversidade funcional, escoitar a persoas de diferentes culturas, crear redes entre outros proxectos e plataformas e unir a todos a través da Creación, non unha creación dirixida, senón unha creación propia. Auténtica linguaxe artística, que respecte a identidade de cada persoa e de cada grupo, compartindo coñecementos e intereses.
Obxectivos:
- Facer visible a arte e o talento creativo das persoas con capacidades diferentes.
- Normalizar diversidade nos circuítos culturais, e tentando desmarcala.
- Profesionalizar As Artes para a Comunidade, que permiten o acceso ao mercado cultural e laboral de persoas con necesidades especiais.




















