FLUMEN (A NOVA BANDA RURAL)
Mostra do traballo feito coa mocidade do rural da Ribeira Sacra e distintos puntos da nosa xeografía, que traballaron con diferentes creadores ao longo de máis de seis meses consolidando unha banda de rock/pop cos seus propios temas tras explorar a composición e creación musical da man de salientables músicos no noso territorio como Monica de Nut, Su Garrido, Davide Salvado e Sumrrá.
O proxecto conta co apoio da Fundación Paideia e a Obra Social La Caixa co fin da gravación dun disco que se presentará en diferentes encontros e festivais.
Foron eles os que decidiron chamarse Flumen, río en latín.




















