Investigadora, curadora e mediadora cultural
Dende fai máis de vinte anos deseña procesos e proxectos de arte, cultura, participación, innovación democrática, mediación e desenvolvemento territorial e sectorial, tanto desde a administración pública coma profesional independente a nivel local, autonómico, estatal e internacional.
O seu traballo caracterízase polo deseño colaborativo —coas persoas afectadas, involucradas e interesadas nos proxectos— e estratéxico (deseño integral e a longo prazo), buscando solucións e proxectos que respondan a necesidades territoriais, sociais ou sectoriais pero encaixadas na axenda social internacional.
Colabora cun equipo interdisciplinar de profesionais do ámbito do deseño, a arte, a cultura, a participación e a comunicación con longa experiencia. É socia de DAG (Asociación Galega de Deseñadores).




















