Hai un lugar ao que non se pode mirar de fronte. Un centro invisible que atrae, insiste, chama.
O corpo aproxímase sen saber por que. Algo tira del cunha forza silenciosa, alterando o tempo, o equilibrio e a memoria do movemento. A medida que a proximidade aumenta, a forma comeza a ceder, a identidade vólvese inestable e o xesto coñecido deixa de responder.
«Antes de desaparecer» é unha peza de danza sobre o limiar do descoñecido: ese punto onde xa non é posible soster o que somos e o corpo vese obrigado a transformarse. Non fala de caída, senón de entrega. De cruzar un límite onde a linguaxe se disolve e só queda a experiencia de converterse noutra cousa.
Idea Orixinal: Julio César Iglesias Ungo
Creación e interpretación: Carlota Pérez e Julio César Iglesias Ungo
Vestiario: Julio César Iglesias Ungo
Música en directo: Niko Hafkenscheid
Distribución: Carlota Pérez e Lisi Sarciada
Duración: 50 min.




















