
Programa XIV Encontro Artes Pola Integración A Coruña / Santiago
VENRES 19
A Coruña
COLECTIVO DIVERSOS
Espectáculo de
danza comunitaria
Tempo de soñar 17.00h
Praza das Conchiñas
A Coruña
Espectáculo de danza-teatro inclusivo que ten coma temática a violencia de xénero e as diferentes formas de abusos. As/os protagonistas falan das súas propias historias e experiencias en primeira persoa. Protagonizado por 10 persoas con e sen diversidade dá unha visión esperanzadora sobre a posibilidade de volver crer no amor.

TEATRO DE LOS INVISIBLES
Contención mecánica
20:30h
Forum Metropolitano
A CORUÑA
Unha obra de teatro documento que denuncia a violencia psiquiátrica, poñendo o foco nunha práctica que segue sendo habitual no noso país e que a ONU catalogou como tortura en 2013. A contención mecánica, é dicir, atar a persoas á cama facendo uso de correas.
SÁBADO 20
Santiago de Compostela
ASEMBLEA DIVERSA
11:00-13:30h
Librería San Pablo Ceu
Santiago de Compostela
Xornada de pensamento sobre a importancia das Artes coma transformación social, convidaremos a 6 relatores do sector para compartir as súas experiencias con profesionais, creadores e alumnos de artes inclusivas.
MERCEDES PEÓN E
MÓNICA DE NUT
Mostra en crudo Residencia
CSC Santa Marta 17:00h
Santiago de Compostela
A semana previa ao festival levará a cabo unha residencia de creación de música e voz no CGAC ou na fundación Granel para 10 artistas con e sen discapacidade e mostrarase o traballo final resultado deste tempo de creación.

EXPERIMENTADANZA
Na búsqueda de Aire.18:00h
CSC Santa Marta
Santiago de Compostela
Peza de danza contemporánea quetrata a necesidade de atopar o aire quepodemos perder por diferentes situaciónsna nosa vida, a perda dun amor, unha enfermidade, ou simplemente a necesidade de facer un cambio na túa vida.
DOMINGO 21
A Coruña
Inauguración da Exposición
A Mocidade Crea
Praza das Conchiñas
A Coruña
Proxecto realizado en colaboración coa asociación Sacra Experience dentro do seu proxecto de artes e deseño en contornas rurais, A pequena Bauhaus que, tras dous anos de talleres e formación en creación con mocidade, dá lugar a unha exposición na que se recollen catro anos de traballo.
CONCURSO DE PEZAS
PARA A COMUNIDADE
De 12:00 a 14:00h
Praza das Conchiñas
A Coruña
Convocatoria aberta para creadores cun mínimo de dous e un máximo de catro intérpretes de danza, música e/o teatro. Un xurado seleccionará tres pezas que recibirán 500 euros. Para o concurso seleccionaranse un máximo de 10pezas e tres delas serán gañadoras. Máis info
Máis info sobre Artistas e Obras
Mikel Aristegui
CSC Santa Marta Santiago de Compostela As vodas de Fígaro, o afiador Un proxecto comunitario e inclusivo que une danza, teatro e música en directo con roupa reciclada. Participan asociacións locais e persoas de diferentes entidades e colectivos, creando unha peza...
Concurso de pezas para a Comunidade
Convocatoria aberta para creadores cun mínimo de dous e un máximo de catro intérpretes de danza, música e/o teatro. Un xurado seleccionará tres pezas que recibirán 500 euros. Para o concurso seleccionaranse un máximo de 10 pezas e tres delas serán gañadoras....
Alma García
por nenos entre10e 14 anos, tras unha residencia de produción en Pincelo, mergúllanos no imaxinario dos protagonistas, nas súas preocupacións, medos e intereses e, sobre todo,na súa necesidad de seguir sendo nenos.
Pascal Kleiman
Nado sen brazos nin mans debido a Distilbene é coñecido por moitos coma Pés de Ouro", "O Pascal asombroso".Toca unha mestura de música electrónica ambental, dub progresiva e psicodélico de artistas de todo o mundo.
Teatro de los Invisibles
Unha obra de teatro documento que de- nuncia a violencia psiquiátrica, poñendo o foco nunha práctica que segue sendo habitual no noso país e que a ONU catalogou como tortura en 2013. A contención mecánica, é dicir, atar a persoas á cama facendo uso de correas....
HISTORIA
Artes pola integración é un festival de transformación social a través das artes creado no ano 2012. Este 2024 chega á súa XIII edición e expándese, centralizando o festival en Santiago de Compostela e desenvolvendo en rede coa cidade da Coruña. Esta programación expandida enlaza cun evento que xa naceu cun sentido de itinerancia entre as dúas cidades e que ten moi en conta que non existe ningún festival de artes inclusivas na capital de Galicia, polo que semella necesario reubicar esta unión entre cultura e benestar social.
A temática deste ano: Artes comunitarias para un territorio.
Artes pola Integración, xa dende os seus inicios, pretende visibilizar proxectos de comunidades afastadas ou de persoas en risco de exclusión social que, por tanto, están situadas fóra da cultura do seu territorio, moitas veces excluídas das actividades artísticas próximas, aínda posuíndo talento no ámbito da creación.
Unha boa parte dos proxectos realízanse e prodúcense entre os 3 e 6 meses previos e finalizan con este Encontro. Trátase de pezas que itineran por lugares como Santiago de Compostela, Ribeira Sacra, A Coruña, Madrid, Cataluña, Ourense e a Costa da Morte, principalmente.
Por unha banda, o festival dá contido a unha programación de artes escénicas e visuais, sinaladamente, incluíndo un ciclo de videodanzas en colaboración co Fiver, un festival internacional de videodanzas, unha “Asemblea Diversa” para dar lugar a un espazo de reflexión en pensamento, formacións previas e programación escénica de proxectos comunitarios, así como unha exposición de artes plásticas, visuais e de deseño gráfico.
O Encontro desenvolverase entre o 19 de xuño ao 6 de xullo en espazos escénicos, na rúa, asociacións ou espazos institucionais, algúns destes relacionados coa diversidade e outros non.
O programa, conformado por proxectos de orixe local, estatal e internacional, ademais de redes diversas en alianza con outros colectivos, amosará os espectáculos máis punteiros dentro da programación escénica inclusiva.
Da man da asociación Diversos, promovemos este encontro para crear lazos relacionais e para achegar ao noso territorio todo un espazo compartido para a reflexión e mostra das nosas inquedazas a través da arte como arma transformadora.
OBXECTIVOS
Baixo a dirección artística de Carlota Pérez, coreógrafa e xestora cultural con máis de 20 espectáculos dirixidos e máxima responsable doutros festivais regulares como o Encontro de Espazos Abandonados e o SacraFestival na Ribeira Sacra, Artes pola Integración busca en todo momento propostas escénicas de calidade, seleccionando espectáculos programados en destacados festivais e en rede cos gañadores do festival Escena Móbile e co festival Fiver, tal cal vimos comentando.
O seu modelo de desenvolvemento diversifica e visibiliza os espazos expositivos, integrando espazos excluídos non habituais para as representacións artísticas: prisións, sedes de asociacións de diversidade funcional,, hospitais, escolas, centros de menores, fundacións, museos…
A peza de danza inclusiva creada anualmente ao abeiro deste festival ten aseguradas actuacións en festivais e encontros artísticos: Festigual, Concello de Santiago, Sacra Festival, Danza Móbile…
Artes pola Integración – o primeiro festival de inclusión de Galicia e o que conta con máis edicións consecutivas – traballa con recoñecidos artistas en todo o seu programa formativo. Habitualmente, os encontros e festivais desta índole adoitan ter contidos amateur, sen importar a calidade artística e sen entrelazar artistas con e sen discapacidade coas comunidades disgregadas creando, desta maneira, guetos sociais e culturais.
Por contra, dende Artes pola Integración fuximos deste tipo de influencias e tentamos ofertar espazos artísticos alternativos onde conflúen e traballan os artistas con e sen diversidade funcional, onde cada persoa achega o seu propio talento, creando unha plataforma de estreas estable de gran calidade artística. O público ao que nos diriximos é diverso: dende aquel máis especializado e culturalmente activo ata alumnado de colexios especiais, pasando por persoas usuarias das asociacións coas que colaboramos,
profesionais das artes escénicas, visuais e musicais, profesionais do mundo da diversidade, persoas dos barrios onde desenvolvemos as actividades e cidadanía en xeral.
No festival dedicamos un apartado a xornadas de reflexión e relatorías, charlas, mesas redondas e debates onde ampliamos a visión da discapacidade cun marco teórico, servindo de formación específica para profesionais da inclusión social e da integración a través da creación de proxectos socioculturais.
A Asociación Diversos é convidada habitualmente en diferentes encontros especializados onde impartimos obradoiros e conferencias sobre a nosa metodoloxía e amosamos o traballo de creación da Compañía 5S como Zona 0, Congreso Nacional de Inclusión Social e Artes Escénicas, Festival Escena Móbile de Sevilla, Festival Visibles de Madrid, SacraFestival, Diversidarte, Festival de Oviedo, Festival de Inclusión de México, e diferentes festivais da Unesco como os de Túnez, Arxentina ou, Marrocos.






